Ayudas escolares a menores con escasos recursos en Bergondo - 30/08/2011

O prazo para optar ás axudas comeza este luns 29.

 

A alcaldesa ten claro que “non é o momento” de reducir o gasto social O Concello de Bergondo, a través da Área de Benestar Social, axuda á escolarización de menores en familias con escasos recursos, a fin de facilitar o acceso a compra de libros de texto e material escolar, de todas familias do municipio.

Á convocatoria destas axudas, xa publicada na páxina web municipal e na casa consistorial, poderán acceder os escolares que durante o curso 2011-2012, cursen estudios de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria nos Centros de Ensino Público do termo municipal de Bergondo, que formen parte de unidades familiares que se atopen incluídos en programas de intervención familiar dos Servizos Sociais.

Poden ser tamén beneficiarios destas axudas aqueles menores que tendo que repetir curso, cumpran os demáis requisitos da convocatoria. A cantía que recibirán os beneficiarios irá acorde co nivel de ingresos da unidade familiar e dependerá tamén do curso, dado que o nivel de inversión necesario para as familias é diferente. Así, a táboa de máximos a percibir é a seguinte:

 

Os Servizos Sociais Municipais cando as solicitudes foran resolvidas facilitarán aos beneficiarios un bono no que figurará o importe total subvencionado a presentar na librerías do Termo Municipal ( CASILDA- Guísamo e BUROPLANET- Polígono de Bergondo) na que se efectúe a compra, para canxealo polos libros e/ou material escolar.

O bono será entregado polo solicitante ao libreiro, debidamente asinado polo solicitante co conforme de que recibiu o importe total do mesmo en libros de texto e/ou material escolar. No suposto de que non se canxease a totalidade do importe da subvención concedida, o solicitante estará obrigado a facer constar no bono a cantidade real gastada no momento de asinalo e entregalo na librería, e deberá comunicar os Servizos Sociais Municipais o importe do gasto real efectuado.

O prazo de presentación das solicitudes será

 

dende o 29 de agosto ata o 7 de setembro, ambos os dous incluídos.