O artista malagueño Toni Zenet abrirá este sábado, día 3 de setembro, a nova tempada escénica de outono programada polo edil delegado de Cultura, Manuel Reyes García Hurtado. Zenet presentará no teatro Jofre o seu novo traballo discográfico “Todas las calles”. O concerto comezará ás 20:30 horas e as entradas, a un prezo de 10 euros, se poden adquirir de maneira anticipada nos despachos do teatro ou por internet.
O cantante regresa ao Jofre, onde xa actuou en 2010 para dar á coñecer ao público ferrolán o seu primeiro disco, “Los mares de China”, que xa tivo unha boa acollida entre crítica e espectadores. Agora na súa nova proposta recolle un estilo que mistura a bossa, o tango, os sons cubanos, o jazz e a copla.
Acompañarán a Toni Zenet no Jofre os músicos da súa banda, algúns dos máis destacados da escena de jazz española, como o guitarrista José Taboada, o trompetista Manuel Machado ou o pianista Pepe Rivero.