- 07/09/2011

En concreto, nesta primeira fase da iniciativa atoparon un posto de traballo un 31,49% dos participantes, máis da metade dos que que se prevén recolocar con este programa. Cando remate o proxecto, o Goberno galego estima que un 60% das persoas que están a tomar parte no mesmo acadarán a inserción laboral.  Así o destacaron hoxe o director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, e a directora xeral de Comercio, Nava Castro, na presentación do balance da primeira fase do proxecto.

 

A iniciativa, que ten un investimento de 2,9 millóns de euros, está a ser liderada polas consellerías de Traballo e Benestar e Economía e Industria, en colaboración coa Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega), patronal téxtil, que xunto cos sindicatos UGT e CCOO é parte executora deste programa.

 

O proxecto aglutina seis estratexias diferentes para lograr a reinserción laboral: orientación profesional; formación e reciclaxe (Texmellora e Insiretex); fomento do espírito empresarial (Texcreación); promoción  da mobilidade xeográfica (Movetex); formación en Tecnoloxías da Información e Comunicación (Textic); e axudas para unha mellor conciliación da vida laboral e persoal (Texconcilia).

 

A primeira fase, comprendida entre febreiro de 2010 e xuño de 2011, centrouse na orientación, na formación- a través dos programas Insiretex, Texmellora e Texcreación-, e na inserción laboral. Desde este mes e ata que remate o programa, en febreiro de 2012, intensificarase a parte de inserción laboral.

 

O director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, destacou, con respecto á primeira fase do proxecto, que principalmente os esforzos estiveron encamiñados a localizar e contactar coas persoas desempregadas procedentes do sector téxtil