Ferrol, 31 de agosto de 2011.- A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol informa de que a partir de maña xoves, día 1 de setembro, estará exposta no Centro Cultural Torrente Ballester a mostra de fotografías “Fragmentos de Amnesia”, da que autora Alicia Seoane. A inauguración da exposición terá lugar ás 20:30 horas.
Este traballo consta de 20 imaxes a través das cales Alicia Seoane reflexiona sobre a importancia dos momentos nos que aparentemente non sucede nada importante. É dicir, son instantáneas da vida retratada como un sinfín de momentos insignificantes, onde non sempre acontece algo magnífico. O obxectivo da autora é desidealizar o cotián e presentalo dun xeito onírico, como se realmente a nosa vida dora unha parte dun sono.
A exposición terá a duración dun mes, e o día da súa retirada, o 30 de setembro, as fotografías se rifarán entre os asistentes que mañá durante a inauguración se fagan cunha rifa. A idea é que as persoas que gañen a obra adopten coa autora o “compromiso” de enviarlle unha foto do novo lugar que ocupa a imaxe. Deste xeito, a exposición se convirte nun proxecto aberto e participativo, onde o espectador ademáis de observar pode divertirse cun xogo de azar. |