[+] Inicio | Noticias | Programas | Emisión en Directo | TV a la carta | Programación | Cobertura | Foro | Contacto

Buscador Web:

|

RSS:

|

Newsletter:

 

A Consellería de Economía e Industria, ao abeiro do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (I2C) 2011-2015

apoia a mobilidade internacional dos investigadores galegos. Deste xeito, a Consellería que dirixe Javier Guerra vén de facer pública a convocatoria das axudas para estadías no estranxeiro de científicos de centros de investigación galegos non universitarios.

O Goberno galego traballa para internacionalizar a investigación en tódolos eidos do Sistema Galego de Innovación coma no ámbito doutros Sistemas de I+D+i, especialmente para incrementar a presenza galega no Espazo Europeo de Investigación e para atraer talento de referencia internacional, tendo en conta que a mobilidade dos investigadores é fundamental para acadar os niveis de excelencia axeitados, de cara a facer competitiva á Comunidade Autónoma.

Estas bolsas teñen como finalidade favorecer a actualización de coñecementos e a adquisición de novas técnicas de investigación, así como completar a formación dos investigadores de Galicia, mediante a súa incorporación temporal a centros do exterior, preferentemente do estranxeiro.

As bolsas irán destinadas a cubrir unha primeira axuda para os gastos de desprazamento e seguros e unha asignación mensual bruta, que pode chegar ata 1.900 euros. Deste xeito, os investigadores, ademais de ter a posibilidade de realizar as súas estadías en España, poderán escoller outros países de destino en Europa, África ou Iberoamérica, así como en Estados Unidos, Canadá ou países de Asia e Oceanía.

As condicións de acceso a estas bolsas, dirixidas a investigadores contratados ao abeiro do Programa Ángeles Alvariño, mediante o que se lle dá soporte á incorporación laboral de recén doutorados, aparece recollida hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), cun prazo de solicitude que se manterá aberto ao longo do mes de setembro.

As axudas poderán ser solicitadas polo persoal investigador que dispoña de contrato vixente Ángeles Alvariño nun dos trece centros de investigación galegos alleos ao Sistema Universitario de Galicia (SUG), sempre que aínda non completasen 24 meses de estadías noutros centros alleos e que non acadasen o grao de doutor/a nunha universidade estranxeira.

Enviar Noticia Enviar Noticia | Imprimir Noticia Imprimir Noticia | Volver
Compartir con Amigos:
 
 
Copyrigth © Radio Televisión Ferrol S.L. (tvferrol.es), todos los derechos reservados. | Plataforma hospedada en territorio Español. | Ciertos Contenidos pueden estar bajo "Copyrigth ®" o ser "Marcas Registradas ™" de sus títulares, queda terminantemente prohibido el uso de los contenidos de esta página web sin el consentiemiento por escrito de Radio Televisión Ferrol S.L. | Powered by Ciolet.com | Ver Condiciones Generales | Ver Aviso Legal