A Asemblea Popular da Agra do Orzán do Movemento 15-M celebrará o próximo xoves 8 de setembro, ás 19:30 horas, unha charla temática aberta a toda a cidadanía sobre “A reforma constitucional”.
Na charla informarase das repercusións gravísimas desta reforma na vida da inmensa maioría dos cidadáns e cidadás, que supoñen na práctica a desaparición do Estado de benestar e a implantación para sempre do antisocial e inhumano sistema político e económico neoliberal. Tamén se falará da usurpación que se realiza, e máis nun asunto tan transcental como este, á cidadanía soberana do seu dereito democrático, sagrado e irrenuncíabel de poder pronunciarse e decidir.
Posteriormente á charla, comezará a Asemblea Popular da Agra.
LUGAR: Rúa Barcelona (esquina Rúa Corcubión) |