[+] Inicio | Noticias | Programas | Emisión en Directo | TV a la carta | Programación | Cobertura | Foro | Contacto

Buscador Web:

|

RSS:

|

Newsletter:

 

Un total de 160 persoas desempregadas do sector téxtil acadaron a súa inserción laboral no último ano a través do programa Empregatex, un plan ambicioso que o Goberno galego puxo en marcha en marzo de 2010 e que foi o primeiro proxecto consensuado no seo do diálogo social de Galicia

En concreto, nesta primeira fase da iniciativa atoparon un posto de traballo un 31,49% dos participantes, máis da metade dos que que se prevén recolocar con este programa. Cando remate o proxecto, o Goberno galego estima que un 60% das persoas que están a tomar parte no mesmo acadarán a inserción laboral.  Así o destacaron hoxe o director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, e a directora xeral de Comercio, Nava Castro, na presentación do balance da primeira fase do proxecto.

 

A iniciativa, que ten un investimento de 2,9 millóns de euros, está a ser liderada polas consellerías de Traballo e Benestar e Economía e Industria, en colaboración coa Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega), patronal téxtil, que xunto cos sindicatos UGT e CCOO é parte executora deste programa.

 

O proxecto aglutina seis estratexias diferentes para lograr a reinserción laboral: orientación profesional; formación e reciclaxe (Texmellora e Insiretex); fomento do espírito empresarial (Texcreación); promoción  da mobilidade xeográfica (Movetex); formación en Tecnoloxías da Información e Comunicación (Textic); e axudas para unha mellor conciliación da vida laboral e persoal (Texconcilia).

 

A primeira fase, comprendida entre febreiro de 2010 e xuño de 2011, centrouse na orientación, na formación- a través dos programas Insiretex, Texmellora e Texcreación-, e na inserción laboral. Desde este mes e ata que remate o programa, en febreiro de 2012, intensificarase a parte de inserción laboral.

 

O director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, destacou, con respecto á primeira fase do proxecto, que principalmente os esforzos estiveron encamiñados a localizar e contactar coas persoas desempregadas procedentes do sector téxtil

Enviar Noticia Enviar Noticia | Imprimir Noticia Imprimir Noticia | Volver
Compartir con Amigos:
 
 
Copyrigth © Radio Televisión Ferrol S.L. (tvferrol.es), todos los derechos reservados. | Plataforma hospedada en territorio Español. | Ciertos Contenidos pueden estar bajo "Copyrigth ®" o ser "Marcas Registradas ™" de sus títulares, queda terminantemente prohibido el uso de los contenidos de esta página web sin el consentiemiento por escrito de Radio Televisión Ferrol S.L. | Powered by Ciolet.com | Ver Condiciones Generales | Ver Aviso Legal