[+] Inicio | Noticias | Programas | Emisión en Directo | TV a la carta | Programación | Cobertura | Foro | Contacto

Buscador Web:

|

RSS:

|

Newsletter:

 

O festival Rock in Way, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e que se celebrará o próximo  venres 9 e sábado 10 de setembro en Santiago de Compostela, completará o seu extenso programa musical, con 22 bandas en directo en dous días, con actividades de lecer para o público asistente. O festival contará con máis de 300 persoas traballan na organización do do evento, en concreto 60 persoas realizaran labores de produción (organización, billeteiras, comunicación, administración, edición de vídeo...), 80 se ocuparan da montaxe, 80 da seguridade e 70 das labores de hostalería (barras, mercado).

 

A preparación do recinto do Monte do Gozo para acoller este evento iniciouse o luns 22 de agosto. O recinto incluirá un equipamento composto por dous escenarios para os concertos; cinco barras; unha zona de merchandising oficial do festival e das bandas; un mercado con comida (bocadillos, hamburguesas, kebabs, hamburguesas ecolóxicas, comida árabe...) e outros produtos (camisetas, chapas, complementos, bixutería, piercings...); un posto da Cruz Vermella; un “banco” central para o intercambio de diñeiro por moedas e billetes do festival; unha carpa para os talleres de dj, con Dj Cro (venres e sábado, de 17 a 19 h); e unha actividade de aquabolas no lago do Monte do Gozo (venres e sábado, de 16:30 a 21 h).

 

En total necesítanse 10 días para a montaxe de escenarios e 5 días para a súa desmontaxe.

O escenario principal ten unhas dimensións de 40 metros de ancho (incluíndo pantallas) e 16 metros de fondo. Son necesarios guindastres de gran tonelaxe para a súa montaxe. O escenario 2 vai situado dentro dunha carpa iglú de 14 metros de altura, con 22 metros de ancho e 14 metros de fondo.

 

A zona de acampada está situada no cámping do Monte do Gozo, a 800 metros da entrada do recinto dos concertos. O cámping, que ten aforamento limitado, estará aberto do venres ás 11,00 horas ao domingo ás 18,00 horas. As autocaravanas poden instalarse no cámping e o resto de vehículos poderán chegar ata a entrada do cámping para a carga e descarga a través de San Marcos, pero non poderán deixar o coche na zona de acampada.

 

Enviar Noticia Enviar Noticia | Imprimir Noticia Imprimir Noticia | Volver
Compartir con Amigos:
 
 
Copyrigth © Radio Televisión Ferrol S.L. (tvferrol.es), todos los derechos reservados. | Plataforma hospedada en territorio Español. | Ciertos Contenidos pueden estar bajo "Copyrigth ®" o ser "Marcas Registradas ™" de sus títulares, queda terminantemente prohibido el uso de los contenidos de esta página web sin el consentiemiento por escrito de Radio Televisión Ferrol S.L. | Powered by Ciolet.com | Ver Condiciones Generales | Ver Aviso Legal